Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Novas

O pleno aprobou por unanimidade a constitución formal do patrimonio municipal e a cesión definitiva da parcela para a construción dunha nova escola infantil en Bertamiráns

[27-01-2012] Na sesión plenaria celebrada onte aprobouse por unanimidade dos tres grupos políticos con representación na corporación municipal, PP, PSOE e BNG, a constitución formal do patrimonio municipal do solo do Concello de Ames. Trátase dunha cuestión que estaba pendente dende o ano 2002 e que supoñía un incumprimento legal por parte do Concello. A constitución formal do patrimonio do solo de Ames é imprescindible para coñecer o valor real dos bens patrimoniais do Concello que ata o de agora non estaban correctamente catalogados. Sen a constitución do patrimonio do solo non se poden realizar operacións de venda e permuta por parte do Concello. Tamén por unanimidade foi aprobada a cesión definitiva dunha parcela para construír unha nova escola infantil en Bertamiráns.

O programa de adopcións especiais da fundación Faiben organiza un novo encontro de formación de familias no Pazo da Peregrina

[27-01-2012] Este sábado 28 de xaneiro e o próximo 11 de febreiro no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, terá lugar un novo encontro de formación de familias, organizado pola fundación Faiben. Fundación de apoio á infancia e ao benestar, (www.faiben.org ), quen a través do programa de adopcións especiais "adoptar é posible" traballa con familias interesadas en adopcións especiais. Dito programa desenvólvese en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Familia e Benestar. Entre os obxectivos do programa está a sensibilización, captación, información e formación das familias dispostas a adoptar menores da comunidade autónoma galega, que polas súas características especiais teñen máis dificultades para exercer o seu dereito a vivir en familia.

O Concello de Ames solicita ofertas ás entidades bancarias para contratar unha operación de tesouraría a corto prazo por valor de 2.775.000euros

[26-01-2012] O concello de Ames abriu o prazo de solicitudes de ofertas ás entidades bancarias para contratar unha operación de tesouraría a corto prazo por valor de 2.775.000 euros. Esta operación permitiralle á administración local dispor de certa liquidez para o pagamento de facturas a provedores mentres non se recadan os impostos municipais. No pasado mes de decembro devolveuse a operación de tesouraría do ano 2011. Un informe do departamento de tesourería acredita a necesidade de obter liquidez para os próximos tres ou catro meses, antes do cobro de impostos coma o IBI (Imposto de Bens Inmobles).

Ver máis novas


Exposicion Somos Ames


Ver máis

Enquisa

¿Gústache a nova páxina web do Concello de Ames?




Ver resultados


Máis do Concello

Guía de empresas

Guía de empresas

Entra nun contorno virtual no que atoparás datos de situación e contacto de todo o noso tecido produtivo.
Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Ler, xogar, gozar

Ler, xogar, gozar

As nosas bibliotecas son espazos de cultura e entretemento con programas de actividades durante todo o ano.
Somos solidarios

Somos solidarios

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) ofréceche unha chea de iniciativas solidarias nas que ti tamén podes participar.
Moito que ver

Moito que ver

Patrimonio, paisaxe, rutas, aloxamentos... Todo que precisas para preparares a túa visita ao noso territorio.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925