Inicio
Ames dixital
Calendario do Concello
Calendarios do concello
Calendario laboral de 2013
Dando cumprimento ao disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo), nos artigos 45 e 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no Decreto 128/2011, do 30 de xuño, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia, dase conta do seguinte calendario laboral para este ano:
Primeiro.- Decláranse inhábiles a efectos laborais, retribuídos e non recuperables, os seguintes días festivos:1 de xaneiro, Aninovo
28 de marzo, Xoves Santo
29 de marzo, Venres Santo
1 de maio, Festa do Traballo
17 de maio, Día das Letras Galegas
24 de xuño, San Xoán
25 de xullo, Día Nacional de Galicia
15 de agosto, A Asunción
12 de outubro, Día da Hispanidade
1 de novembro, Todos os Santos
6 de decembro, Día da Constitución
25 de decembro, Nadal
Segundo.- Festas laborais de carácter localSon tamén inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito do Concello de Ames, as seguintes festas locais:
19 de marzo, San Xosé
9 de maio, Día da Ascensión
Calendario fiscal 2013
Segundo o disposto no Artigo 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, da Lei Xeral Tributaria e no Artigo 37 da Ordenanza Fiscal Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito publico, o Concello de Ames por medio de decreto de Alcaldía aprobou o
Calendario do contribuínte correspondente ao exercicio 2013.
DELEGADA A RECADACIÓN NA DEPUTACIÓN DA CORUÑADe acordo coa resolución da Presidencia da Deputación da Coruña nº 19789/2001 de 20 de novembro, pola que se determina o periodo voluntario de ingreso de débedas de vencemento periódico e notificación colectiva:
1º SEMESTRE DE 2013
- Imposto sobre vehículos de tracción mecánica: 15/03/2013 ao 15/05/2013
Ademais, entre os días 16 e 30 de abril
porase a exposición pública no Concello de Ames
a matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) para o exercicio 2013. Segundo informa a Deputación da Coruña, a inclusión dun suxeito pasivo na matrícula, así como a súa exclusión ou a alteración de calquera dos datos aos que ela se refire, constitúen actos administrativos contra os que cabe interpor no prazo dun mes o recurso potestativo de reposición ante o órgano competente da Administración tributaria do Estado.
2º SEMESTRE DE 2013
- Imposto sobre bens inmobles urbana: 15/09/2013 a 20/11/2013
- Imposto sobre bens inmobles rústica: 15/09/2013 a 20/11/2013
- Imposto sobre actividades económicas: 15/09/2013 a 20/11/2013
- Taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e por reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase: 15/09/2013 a 20/11/2013
- Taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico: 15/09/2013 a 20/11/2013
- Taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa: 15/09/2013 a 20/11/2013
Ademais destes tributos, a Deputación da Coruña recada o imposto do Concello de Ames sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía) polo que, no caso de transmisión dun inmoble, débese presentar, na Oficina de Xestión Tributaria, a seguinte documentación antes dos 30 días hábiles seguintes á escritura:
- Fotocopia da escritura de transmisión.
- Fotocopia do DNI.
- Último recibo do imposto sobre bens inmobles.
Lembre que o pagamento destes tributos que se recadan cada ano é obrigatorio e que non é necesaria a notificación individualizada. Recomendámoslle notificar calquera cambio no seu enderezo.
Servizo Municipal de RecadaciónRúa do Ameneiral 18, baixo. Bertamiráns.
Rúa Agro do Medio, O Milladoiro.
Teléfono: 900 132 204