Biblioteca
A Biblioteca municipal de Ames é un centro local de información que lles facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, e que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura, divulga a lectura e promove especificamente a lingua e a cultura galegas.
A Biblioteca presta os seus servizos en dous puntos de atención: Biblioteca de Ames en Bertamiráns e Biblioteca de Ames no Milladoiro.
Os fondos documentais da Biblioteca integran todo tipo de materiais e soportes: libros, CD-ROM, DVD... todos estes documentos están en acceso libre e son facilmente localizables e accesibles mediante a consulta na sala ou o préstamo domiciliario.

A biblioteca estrutura os seus fondos a través de centros de interese que organizan os documentos pola súa temática. Ademais diferencia tamén os fondos por grupos de idade facilitando o acceso dos nenos e nenas aos fondos máis adecuados á súa idade. Podes descargar os modelos de
centros de interese e
grupos de idade en formato pdf.
Os usuarios poden participar no desenvolvemento da biblioteca a través de suxestións, reclamacións e solicitude de adquisicións de novos documentos.
A biblioteca organiza periodicamente actividades de animación á lectura que se desenvolven nas dúas bibliotecas e en diferentes locais sociais do concello. Ademais nos meses de verán, coas Bibliopiscinas, lévanse os documentos ás piscinas municipais e á área recreativa de Tapia
O Catálogo automatizado dos fondos documentais da biblioteca pode ser consultado dende calquera lugar a través da web:
O programa Móllate na lectura!, que inclúe un servizo de bibliopiscina, desenvólvese cada verán nas piscinas de Bertamiráns e do Milladoiro e na Área recreativa de Tapia. Nos mesmos espazos organízanse actividades de contacontos, obradoiros e xogos para os máis pequenos.
Podes descargar en formato pdf os formularios para facerte usuario, o regulamento de uso, as normas básicas...
Consulta a localización das bibliotecas e os horarios de apertura.