Inicio
Áreas
Comunicación
COMUNICACIÓN
Radio de Ames
Un dos proxectos máis novidosos do Concello de Ames foi a creación dunha emisora de radio municipal que se está a converter no espello que reflicte a nosa realidade. Esta iniciativa é complementaria doutras actuacións en materia de comunicación, como é o cambio da imaxe corporativa e a posta en marcha do Servizo de Comunicación Externa.
O nome da emisora municipal é Ames Radio e pode sintonizarse en todo o territorio municipal e parte da comarca a través do 107.2 da FM.
Ames Radio ten unha programación deseñada pensando na prestación dun servizo público. A súa grella componse con espazos adicados á información, á música, ao entretemento e á cultura nos que os temas da vida cotiá se traten dunha forma participativa e próxima aos veciños.
A súa programación é a seguinte:
LUNS A VENRES8:50 a 9:00 Ames matinalEspazo dedicado a repasar as principais novas de Ames. Este espazo está conducido polo xornalista Juan Luís Silva.
9:00 a 12:00 Música12:00 a 13:30 Magacín Somos AmesPrograma de entretemento conducido por Nazaret López quen, ademais, conta cun nutrido equipo de colaboradores e colaboradoras que permiten ofrecer contidos variados e orientados en moitos casos ao servizo público.
13:30 a 14:30 Música14:30 a 14:40 Informativo mediodíaAs novas de Ames contadas dun xeito diferente polos seus protagonistas. Juan Luís Silva é o encargado de poñerlle voz e contido ao principal espazo informativo da emisora.
14:40 a 08:50 Música
SÁBADOS E DOMINGOS
Programación musical. Puntualmente emítense actos de carácter municipal.
Contacto
Para contactar coa radio, podes chamar ao
981 890 452 ou enviar un correo electrónico con novas, suxestións e peticións aos seguintes enderezos:
Ames Radio é o principal referente informativo da comarca e tamén a raíña dun proxecto comunicativo que inclúe a creación dunha
identidade gráfica unificada en toda a administración municipal.
O aspecto máis visible é o noso "a" verde ou branco. Un logotipo que xa o tingue todo, transmitíndonos a imaxe dun concello moderno pero que sabe beber das fontes do seu pasado.