
[http://www.concellodeames.org]
A programación cultural atende a liñas de actuación estratéxicas baseadas na dinamización e fomento dos eventos promovidos dende o movemento asociativo, en colaboración co Concello, co obxectivo de procurar unha identificación como amienses e galegos.
Organízanse actividades de formación e de creación de públicos de consumo cultural mediante a exhibición de espectáculos de teatro, música, artes plásticas e cine, ademais de festas tradicionais, cursos e obradoiros destinados a todas as idades e niveis de coñecemento. Preténdese tamén completar e remodelar os espazos culturais e mellorar a súa xestión.
Organízanse obradoiros de canto, música, danza e manualidades para aprender no tempo de lecer. Os interesados poden anotarse na Oficina de Voluntariado para participar en diversas actividades de maneira altruísta. O Servizo de Normalización Lingüística ofrece asesoramento, formación e dinamización do uso do galego.
Nos núcleos de Bertamiráns e Milladoiro sitúanse as dúas casas da cultura con maior capacidade de todo o municipio produto das necesidades culturais do seu alto número de habitantes. A descentralización será o instrumento para responder ás demandas, un camiño que permita estender a programación cultural máis alá dos núcleos máis poboados. Quérese tamén favorecer a integración dos habitantes na actividade de creación e difusión cultural.
O Concello de Ames quere demostrar o seu compromiso co idioma propio e oficial prestándolle atención especial ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e poñendo en marcha programas dirixidos á poboación para conseguir a implicación de todos os colectivos neste proceso.Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames