
[http://www.concellodeames.org]
Os obxectivos da Concellaría de Deportes son consolidar e mellorar a organización das probas deportivas existentes, promover outros deportes alternativos con actividades puntuais, fomentar a ampliación da práctica deportiva mediante as escolas deportivas a todas as idades e zonas do municipio e mellorar as infraestruturas para que se realice en óptimas condicións e se poida ampliar a oferta de modalidades.
Quérese tamén promover a participación social colaborando coas entidades deportivas e procurando espazos de corresponsabilidade e fomentar a práctica deportiva como un elemento de integración social educativo.
O Concello de Ames dispón de instalacións para a práctica de diversas modalidades deportivas en distintos lugares do municipio co gallo de descentralizar a súa localización e facilitar o acceso de todos os interesados.
As escolas deportivas abranguen actividades orientadas aos máis cativos, aos mozos e aos adultos. Entre as modalidades deportivas que se imparten están aeróbic, baloncesto, ximnasia para discapacitados, fútbol sala, ioga, natación, patinaxe, predeporte, tenis, ximnasia de mantemento e voleibol.Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames