Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Educación


Educación

A Concellaría de Educación pretende fomentar o desenvolvemento integral da personalidade dos nenos nos ámbitos social, intelectual e afectivo, co fin de propiciar os valores da solidariedade, da democracia e da convivencia respectuosa sen discriminación nin violencia, mediante dinámicas lúdicas e formativas que estimulen o interese polo coñecemento.

Centro educativo Coa posta en marcha de variados programas municipais que contribúen á conciliación da vida familiar e laboral, os cativos poden dispoñer de xogos motrices, sensoriais, lóxicos e de expresión corporal, mediante os que interiorizan a nosa cultura. Merecen especial atención as campañas de fomento da lectura.



Centros educativos

Centros educativos A oferta educativa de Ames contempla escolas infantís municipais, escolas de educación infantil, centros educativos de infantil e primaria, un instituto de ensino secundario e centros de carácter concertado.





Actividades educativas

Actividades educativas Programas lúdicos, escola de verán, comedores escolares, escolas infantís municipais, "Bos días, cole", Tardes Divertidas, campamentos de verán, consello escolar municipal, escola municipal de pais e nais, campañas de animación á lectura, actividades extraescolares e infraestruturas.



Servizos educativos

Colexio A Concellaría de Educación asumiu a xestión directa das escolas infantís municipais e impulsou a xestión de comedores escolares. Realiza tamén un importante esforzo para a mellora das infraestruturas dos centros educativos e vela polo cumprimento do consello escolar municipal.




Biblioteca

Biblioteca A Biblioteca municipal de Ames ofrece os seus servizos a través dos seus puntos de atención ao público en Bertamiráns e no Milladoiro. Conta cos servizos de información bibliográfica, empréstito documental e interbibliotecario, actividades de animación á lectura e, ademais, permite o acceso a materiais como libros, cinema ou música.





Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925