Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Educación Biblioteca


Biblioteca

A Biblioteca municipal de Ames é un centro local de información que lles facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, e que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura, divulga a lectura e promove especificamente a lingua e a cultura galegas.

Nenos na biblioteca A Biblioteca presta os seus servizos en dous puntos de atención: Biblioteca de Ames en Bertamiráns e Biblioteca de Ames no Milladoiro.

Os fondos documentais da Biblioteca integran todo tipo de materiais e soportes: libros, CD-ROM, DVD... todos estes documentos están en acceso libre e son facilmente localizables e accesibles mediante a consulta na sala ou o préstamo domiciliario.

A biblioteca estrutura os seus fondos a través de centros de interese que organizan os documentos pola súa temática. Ademais diferencia tamén os fondos por grupos de idade facilitando o acceso dos nenos e nenas aos fondos máis adecuados á súa idade. Podes descargar os modelos de centros de interese e grupos de idade en formato pdf.

Os usuarios poden participar no desenvolvemento da biblioteca a través de suxestións, reclamacións e solicitude de adquisicións de novos documentos.

A biblioteca organiza periodicamente actividades de animación á lectura que se desenvolven nas dúas bibliotecas e en diferentes locais sociais do concello. Ademais nos meses de verán, coas Bibliopiscinas, lévanse os documentos ás piscinas municipais e á área recreativa de Tapia

O Catálogo automatizado dos fondos documentais da biblioteca pode ser consultado dende calquera lugar a través da web.

Programa Móllate na lectura

Bicho de biblioteca O programa Móllate na lectura, que inclúe un servizo de bibliopiscina, desenvólvese cada verán nas piscinas de Bertamiráns e do Milladoiro e na Área recreativa de Tapia. Nos mesmos espazos organízanse actividades de contacontos, obradoiros e xogos para os máis pequenos.

A Concellaría de Educación de Ames pón en marcha un servizo de biblioteca encamiñado a fomentar o hábito da lectura nos espazos de lecer do municipio. As piscinas do Milladoiro e Bertamiráns e a área recreativa de Tapia contan ata o mes de setembro con este servizo que baixo a denominación de "bibliopiscinas" permite que calquera persoa poida ler e acceder ao empréstito de libros no seu tempo libre.

Paralelamente nas bibliopiscinas, e dun xeito rotativo entre as tres áreas de entretemento de Ames, realízanse, obradoiros e contacontos. Os interesados poden acceder ao empréstito de libros mediante a presentación do carné de Bibliopiscina, do carné da Biblioteca e de calquera outro carné municipal.

Enderezos e horarios

Biblioteca de Bertamiráns
Praza de Chavián s/n
Bertamiráns
15220 Ames
Tel: 981 884 829
biblioteca@concellodeames.org

Biblioteca do Milladoiro
Rúa Raxoeira 14, baixo
O Milladoiro
15895 Ames
Tel: 981 530 807
biblioteca@concellodeames.org

Horarios de atención ao público:

Inverno (setembro a xuño): de luns a venres de 8:30 h. a 21:00 horas. Os sábados de 9:00 h. a 14:00 horas.

Verán (xullo e agosto): de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 horas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925