
[http://www.concellodeames.org]
Dentro do ámbito da Sanidade o Concello de Ames desenvolve un programa de prevención de drogodependencias que conta cun amplo abano de actividades e iniciativas en diferentes eidos de actuación. Este programa ten como obxectivo a prevención de drogodependencias nos ámbitos escolar, familiar xuvenil e/ou laboral mediante programas de información e formación. Estes programas enmárcanse dentro do plan comarcal de drogodependencias no que, ademais de Ames, o organismo responsable técnico e administrativo da xestión, participan os Concellos de Negreira e Brión.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames