
[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Áreas
Servizos sociais e...
O Concello, como a administración máis achegada aos cidadáns, ten a responsabilidade de ofrecer información e orientación sobre os programas e recursos sociais públicos e privados tendentes a favorecer a integración e a mellorar a calidade de vida das persoas en situación de desvantaxe social.
Ten competencia sobre os servizos de atención primaria de cara a previr a marxinación social daqueles con dificultades económicas e dependencia persoal. Dende os servizos sociais desenvólvense os programas de información, orientación e asesoramento; de apoio familiar; de inserción social; de convivencia alternativa e tamén de animación, prevención e cooperación social. Realiza accións destinadas a colectivos con especificidades propias como emigrantes retornados, desempregados, xuventude ou terceira idade, entre outros. Dispón, ademais, de dous gabinetes de profesionais en materias de sicoloxía e lexislación que traballan, de forma coordinada, cos servizos sociais municipais. Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames