
[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Áreas
Turismo e patrimonio
Ames quere poñer en valor a súa riqueza paisaxística e cultural mediante un modelo de turismo sustentable que pretende dar a coñecer as pezas do seu patrimonio, os roteiros á beira do río, os espazos naturais e unha variada oferta gastronómica e hostaleira.
Dende a Área de Turismo promociónase o Concello de Ames como lugar idóneo para visitar, debido ao seu enclave estratéxico nas proximidades de Santiago de Compostela, con recursos que singularizan a estancia en casas rurais ou hoteis, compaxinando visitas culturais con actividades de descanso e lecer ao aire libre, nun contorno con vestixios arqueolóxicos de máis de 5.000 anos de antigüidade e no que deixaron a súa impronta as culturas romana e medieval.
As rutas serven para dar a coñecer o contorno natural e o patrimonio etnográfico co fin de fomentar o respecto cara o medio, ademais de protexer a flora e a fauna, polo que non está permitido prender lume, deixar as cancelas de acceso ás fincas abertas, atravesar muros e valados, deixar lixo, asustar o gando, lixar fontes e regatos, facer ruídos innecesarios ou levar cans soltos.
Para que poidas moverte mellor polo territorio de Ames na procura de todos estes espazos poñemos á túa disposición mapas e rueiros.
Ames dispón dunha diversificada oferta de casas de turismo rural e hoteis que convidan os visitantes a coñecer a zona.
Cruceiros, petos de ánimas, pombais, fontes, lavadoiros e muíños constitúen unha parte destacada da arquitectura popular, da que Ames ten numerosas representacións.
As capelas e igrexas érguense próximas aos núcleos de poboación. Entre as igrexas do municipio predominan as que presentan características arquitectónicas propias dos estilos barroco e neoclásico.
Os pazos conforman un conxunto de inmobles propios da arquitectura tradicional galega. Algunhas das pontes tamén son sobranceiras construcións.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames