Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Urbanismo


Urbanismo

A reestruturación funcional de tecido urbano, realizada dun xeito integrador, tendo en consideración a importancia do medio rural, a conservación ambiental e a necesaria dotación de elementos comunitarios é unha das premisas do departamento de Urbanismo.

Urbanismo As actuacións de cara a optimizar os servizos de saneamento, abastecemento de augas, alumeado, recollida de lixo e mantemento de parques e xardíns son tamén indicadoras da mellora da calidade de vida experimentada en Ames nos últimos anos. En materia ambiental, pódense destacar a posta en marcha da Axenda 21 local, básica para a definición dun modelo de desenvolvemento sostible no compromiso municipal de estimular o impulso de medidas encamiñadas a facer compatíbeis o medio ambiente co desenvolvemento social e económico, e a aposta de forma decidida pola compostaxe como método de eliminación e redución de residuos, que pasa pola entrada en funcionamento dun programa integral do servizo de recollida e tratamento do lixo, viable dende o punto de vista ambiental, económico e xurídico.

Creouse tamén unha Aula da natureza, co obxectivo de facer interactivas as políticas ambientais coa cidadanía, na busca dunha implicación directa en accións de mellora e coidado do contorno dende o propio fogar, á vez que se ofrece a posibilidade de participar colectivamente en diversas actividades tendentes á sensibilización de cara a favorecer o desenvolvemento sostible.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925