Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Áreas Xuventude


Xuventude

Ames dispón dunha política integral de xuventude na que, de forma transversal e coordinada, interveñen servizos de distintas administracións e colectivos xuvenís.

Céntrase na mellora da calidade de vida da mocidade mediante actividades que inciden na formación nesta etapa vital fundamental para o desenvolvemento das persoas adultas. Preténdese, así mesmo, recuperar e vertebrar o tecido asociativo, de forma que se impulse a formación e o intercambio de coñecementos e experiencias mediante unha estratexia de información, asesoramento e apoio, co fin de incentivar a participación dos máis novos no ambiente social e cultural de Ames.



OMIX

OMIX
A OMIX é a Oficina Municipal de Información Xuvenil, un servizo dirixido á mocidade, que funciona como un instrumento de información, consulta e asesoramento para os/as xóvenes.


CARNÉ XOVE
O CARNÉ XOVE <30 facilita o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes en tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, ensino, etc.


asociarse
¿Por que asociarme? Dende a OMIX queremos fomentar a participación activa. Se queres expresarte e tes un proxecto,… todo o podes atopar no mundo das asociacións xuvenís.


mocidade voluntariado
Faite voluntari@. O voluntariado é unha forma de participación da sociedade na atención de necesidades de interese xeral, con actividades feitas de forma altruísta, desinteresada e solidaria.


mocidade actividades
A OMIX deseña un Programa de actividades e cursos formativos completo e variado que responde ás preferencias dos mozos e mozas e atende ós seus intereses de formación e desfrute do tempo libre.



Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925