Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos Información de...


Información de contacto para os avisos ante a presenza de animais abandonados na rúa

[22-02-2013] O Concello de Ames dispón dun servizo de lacería e canceira para a recollida de animais abandonados. En caso de detectar a presenza de animais abandonados na rúa, os veciños e veciñas de Ames poden avisar ao Concello a través de dúas canles:

- En días laborais, de luns a venres en horario de 07:45 a 15:00 horas, os veciños de Ames que detecten a presenza dun can abandonado na rúa poden dirixirse para dar o aviso á Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ames. O teléfono de contacto é o 662 377 544.

- Fins de semana ou fóra do horario laboral, será o departamento da Policía Local de Ames quen se encargará de recibir os avisos no número de teléfono 619 767 575.

No caso daqueles animais que estean identificados mediante microchip, darase aviso antes de trasladalo á canceira ao propietario, quen poderá recollelo.

Ademais, en canto se rexistren animais non reclamados na canceira, introducirase na páxina web municipal unha ficha con fotos de cada un, tal e como figura a continuación. O servizo de lacería e canceria do Concello de Ames é realizado pola empresa Servigal.

ANIMAIS NON RECLAMADOS QUE ESTÁN NA CANCEIRA

Esta cadela foi localizada no lugar de Sisalde o pasado 20 de setembro de 2014. Trátase dunha femia de tamaño mediano, cor marrón e co peito en branco. Ten arredor de 2 anos de idade. Esta cadela de raza mestiza, que ten arredor dun ano de idade, foi recollida no polígono Novo Milladoiro o 21 de setembro de 2014. Esta cadela de raza pastora alemá de uns 8 anos de idade foi recollida o sábado, 11 de outubro, en Bertamiráns.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925