Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos A Oficina Municipal...


A Oficina Municipal de Información Xuvenil trasládase á Casa da Cultura de Bertamiráns

[07-03-2013] O Concello de Ames informa de que a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), que ata o de agora estaba situada no segundo andar da Casa do Concello, trasládase ao anexo da Casa da Cultura de Bertamiráns. A técnica deste departamento estará nesta oficina os luns, mércores e xoves, en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Mentres que os martes e venres estará no Punto de Información Xuvenil (PIX) situado na Casa da Cultura do Milladoiro, no mesmo horario, de 9:00 h a 14:00 horas. Infórmase así mesmo que o número de teléfono 616 083 229 e o correo electrónico omix@concellodeames.org, que están asociados a este departamento seguen sendo os mesmos que ata o de agora.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925