Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Avisos


Avisos

Información sobre o proceso de resintonización da TDT nos fogares

[27-10-2014] A partir do 26 de outubro as canles de Televisión Dixital Terrestre (TDT) empezaron a emitir nas súas novas ubicacións, debido ao denominado como proceso de liberación do Dividendo Dixital. O Concello de Ames lembra que o Ministerio de Industria pon a disposición dos cidadáns unha páxina web (www.televisiondigital.es) na que se ofrece toda a información sobre este proceso e os pasos a dar para a sintonización dos televisores.

Menú da Rede de Comedores Escolares da semana do 27 ao 31 de outubro

[25-10-2014] Menú da Rede de Comedores Escolares da semana do 27 ao 31 de outubro. Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús para esta semana, así coma suxerencias para as ceas. Este menú está feito pola nutricionista municipal.

Menús das escolas infantís municipais de Ames do 27 ao 31 de outubro

[25-10-2014] Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús que se servirán nas escolas infantís municipais do 27 ao 31 de outubro. Estes menús están elaborados pola nutricionista municipal.

Menú cos almorzos e merendas que se servirán no Bos días Cole e Tardes divertidas do 27 ao 31 de outubro

[25-10-2014] Para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almorzos e merendas que se servirán dentro dos servizos complementarios (Bos día Cole e Tardes Divertidas) que se desenvolven nos centros de ensino amienses. Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter este menú.

Bando sobre o peche das rúas Ameneiral e Entrerríos por mor da celebración dun desfile de modelos

[22-10-2014] O Concello de Ames informa, a través dun bando municipal, que o vindeiro venres, 24 de outubro, as rúas Ameneiral e Entrerríos quedarán pechadas ao tráfico e ao estacionamento debido a celebración en ditas rúas dun desfile de moda. En ambas as dúas rúas permitirase o acceso aos garaxes dende as 8:00 h ata as 14:00 horas. Premendo no bando que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre este asunto.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925