[24/02/2007] Son unha ducia de mozas ás que lles gusta a música tradicional e que, ademais, están dotadas de voces prodixiosas. O Concello editoulles hai uns meses o seu primeiro disco e agora toca promocionalo. Un dos lugares máis axeitados é a radio e se é dentro dun programa especializado, pois mellor. Esta tarde a partir das catro as Amaianas presentan no programa da emisora autonómica Lume na palleira o seu traballo e tamén a súa capacidade para cantar ao vivo diante dos micrófonos.
Lume na palleira nunca falta á súa cita dos sábados pola tarde cos amantes da música tradicional galega. De feito este espazo dirixido por Emilio Españadero é un dos que leva máis anos en antena na Radio Galega.| « 2010 » | ||||||
| « febreiro » | ||||||
| L | M | M | X | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |