Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Axudas para a...


Axudas para a xuventude galega

O Concello de Ames informa de diversas axudas dirixidas á xuventude galega, que saíron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) durante os días 14 e 16 de maio de 2012. Estas axudas son para estudantes universitarios que desexen ter unha estadía nalgún estado membro da Unión Europea; axudas para facilitar a obtención do permiso de conducir (clase B) e favorecer a seguridade viaria; axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo; e axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios no ano académico 2011/2012, nas universidades SUG, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre estas axudas. Se precisas máis información en canto aos trámites e requisitos dalgunha destas ou outras axudas para a xuventude, pode comunicarse coa OMIX en omix@concellodeames.org e no 616083229.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925