Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Convocatoria de...


Convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no exercicio 2012

O Concello de Ames comunícalle a todos os veciños e veciñas que se aprobaron as bases que regulan a convocatoria de axudas para a promoción de festexos populares celebrados no exercicio 2012. A Administración local aportará un total de 29.600 euros para este fin co obxectivo de prestar apoio económico ás asociacións culturais existentes no Concello de Ames, legalmente constituídas, e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, sempre e cando os datos da inscrición estean debidamente actualizados ao momento de solicitar a achega.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o 15 de novembro de 2012. Todos os interesados poden presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Ames. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases da convocatoria e os impresos necesarios para presentar a solicitude.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925