Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Convocatoria de...


Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais durante o ano 2012

Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais durante o ano 2012. Nesta convocatoria de axudas poderán participar todas as asociacións culturais do concello de Ames, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións.

Os datos da inscrición deben estar debidamente actualizados no momento de solicitar a axuda. O obxectivo destas achegas, impulsadas pola Concellaría de Cultura, é achegar a cultura ao maior número de cidadáns e contar cunha vida cultural estable dentro do ámbito territorial do concello, programada e levada a cabo polas entidades do ámbito privado. Ademais, búscase promover a participación da veciñanza na vida das entidades culturais.

A contía destinada a esta convocatoria ascende a 40.000 euros e o importe individual das achegas concedidas non poderá superar os 7.500 euros. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames. O prazo para presentar as solicitudes rematará o 15 de novembro de 2012.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925