Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Convocatoria de...


Convocatoria de axudas para a promoción de actividades realizadas por clubs e asociacións deportivas amienses

O Concello de Ames aprobou a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por clubs e asociacións deportivas no 2012. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 50.000 euros. Os obxectivos destas axudas son achegar a práctica deportiva ao maior número posible de individuos e promover a participación activa dos veciños e veciñas no deporte, como medio de promover a formación dos máis novos e de propiciar a convivencia.

Poderán ser subvencionadas, ata un máximo do 70% do presuposto total, as actividades, de índole deportiva desenroladas polos clubs e asociacións deportivas, así como a adquisición de material inventariable. O importe individual das achegas concedidas non poderá superar os 8.000 euros.

A estas axudas poderán optar as asociacións e clubs existentes no Concello de Ames, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións. Ademais, os datos de inscrición no rexistro deben estar debidamente actualizados no momento de solicitar a achega.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello. En cumprimento do acordado na Xunta de Goberno Local celebrada o 5 de novembro de 2012 o prazo
para a presentación de solicitudes da convocatoria de axudas para promoción de actividades levadas a cabo no 2012 por clubs e asociacións deportivas amplíase ata o 30 de novembro de 2012.

Os interesados e interesadas deberán presentar a documentación solicitada nas bases, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 31 de outubro de 2012. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades deportivas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925