Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias Bases da convocatoria...


Bases da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio 2012

O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de subvencións para a promoción do comercio no municipio. Neste exercicio, a convocatoria de subvencións está dotada de 25.000 euros. Esta contía repártese en dous capítulos. A primeira partida, destinada á promoción comercial, está dotada de 19.000 euros, mentres que a segunda partida estará destinada a infraestruturas e equipamentos e disporá de 6.000 euros. As bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o luns 21 de xaneiro de 2013. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames. O prazo para presentar as solicitudes é de un mes, contado desde o día 22 de xaneiro de 2013. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio correspondente ao exercicio 2012.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925