
[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Ames dixital
Convocatorias
Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.
[04-06-2013] O departamento de persoal informa sobre o resultado do proceso de selección para a contratación laboral temporal de seis vixiantes das piscinas municipais. Ademais de propoñer a contratación dos seis aspirantes que lograron a maior puntuación establécese unha lista de agarda válida para posibles substitucións.
[30-05-2013] O departamento de persoal informa sobre o resultado da proba teórica do proceso de selección para a contratación de seis vixiantes das piscinas municipais. Convócase aos/ás aspirantes que aprobaron a proba teórica para a realización da entrevista, que terá lugar o día 4 de xuño, ás 10:00 horas, na Casa do Concello en Bertamiráns. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o resultado da proba teórica.
[27-05-2013] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o resultado da fase de baremación de méritos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. A realización da proba teórica terá lugar o vindeiro día 30 de maio de 2013, ás 9:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Múltiples de Aldea Nova, situado na Rúa da Ribeira, número 64-C, Urbanización Aldea Nova (Ames). Todos/as os/as aspirantes deberán presentarse ese día e a esa hora, provistos do D.N.I. e do material necesario para a realización da proba. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto co resultado da fase de baremación de méritos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais.
[24-05-2013] O departamento de Persoal fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para o proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. A realización da baremación de méritos terá lugar o vindeiro día 27 de maio de 2013, ás 12:00 horas, nas dependencias da Casa do Concello. A realización da proba teórica terá lugar o vindeiro día 30 de maio de 2013, ás 9:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Múltiples de Aldea Nova, situado na Rúa da Ribeira, número 64-C, Urbanización Aldea Nova (Ames). Todos/as os/as aspirantes deberán presentarse ese día e a esa hora, provistos do D.N.I. e do material necesario para a realización da proba. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto coa lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais.
[23-05-2013] O Concello de Ames vén de aprobar en Xunta de Goberno Local a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS dos centros educativos amienses ao longo dos anos 2012 e 2013. En total, destínanse 37.000 euros para esta convocatoria de subvencións (18.500 euros para cada ano). A través destas achegas poderanse sufragar ata un máximo do 80% das saídas culturais ou das actividades extraescolares, que levan a cabo estas asociacións. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude destas axudas.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames