Concello de Ames

Logotipo Concello de Ames

Menú [Saltar]



Situación e xeografía

O Concello de Ames está situado no Sudoeste da provincia da Coruña, na comarca da Amaía, limitando cos concellos de Santiago, Val do Dubra, A Baña, Brión e Teo.

Mapa de GaliciaO Concello de Ames ten unha extensión de 94 km2. O concello conta con 116 entidades de poboación e 11 parroquias. Os dous principais núcleos de poboación son Bertamiráns e O Milladoiro.

Xeografía física

Ames ten unha orografía na que sobrancean vales, brañas, prados e fragas, cun relevo suave de escasas elevacións.

Clima

O clima do concello de Ames está moi matizado pola súa localización nun val, sendo os invernos suaves e os veráns calorosos. As chuvias concéntranse fundamentalmente nos meses de outubro a maio.

As parroquias

O termo municipal de Ames repártese en once parroquias: Agrón, Ameixenda, Ames, Biduído, Bugallido, Covas, Lens, Ortoño, Piñeiro, Tapia e Trasmonte.

Espazos naturais

O val de orixe fluvial de Amaía, asentado sobre un amplo macizo granítico percorrido polo río Sar, é un dos espazos de maior valor paisaxístico do municipio.


Imprimir | Enviar

© Concello de Ames