
[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Descúbrenos
Como chegar
A cabeceira municipal do concello de Ames, Bertamiráns, está a tan só 9,8 km de Santiago de Compostela. O outro núcleo urbano amiense, O Milladoiro, dista 5,8 km da capital de Galicia. As principais vías de comunicación entre a Santiago de Compostela e Ames son a C-543 que vai a Bertamiráns e a N-550 que pasa polo Milladoiro. Ademais, desde 2008 tamén se pode chegar á capital do concello directamente desde a saída 75 da AP-9, percorrendo a autovía Santiago-Brión.
A principal vía de comunicación con Bertamiráns, a capital do municipio, é a estrada C-543 que vai de Santiago de Compostela a Noia. Desta estrada sae a AC-543 cara a Ames, Tapia e Piñeiro; a AC-450, en dirección a Negreira, que cruza as parroquias de Trasmonte e Agrón; e a AC-302 que atravesa as parroquias de Ortoño e Bugallido para empatar coa N-550 que de Santiago conduce a Pontevedra e Vigo.Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames