Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Descúbrenos Historia


Historia

As terras de Ames tiveron desde tempos prehistóricos unha intensa ocupación como se evidencia na abundancia de xacementos e restos arqueolóxicos megalíticos e da idade dos metais.

As desputas entre a Igrexa compostelá e os señores de Altamira xunto co importancia do Camiño xacobeo a Fisterra serán os fitos máis importantes do Medievo na Amaía que coñecerá unha importante expansión demográfica e agraria durante a Idade Moderna. A institucionalización de Ames como concello en 1836, a presenza de Rosalía de Castro e a creación do Seminario de Estudos Galegos en 1923 son algúns dos episodios máis sobranceiros da historia do noso concello.

  • Prehistoria e antigüidade
    Nas terras de Ames hai catalogados máis dunha vintena de xacementos prehistóricos e protohistóricos sendo os máis salientables o depósito campaniforme do Milladoiro, os campos megalíticos de Bugallido, Lens, Ameixenda e Agrón, os conxuntos rupestres de Oca, Piñeiro e Covas, e mais os asentamentos castrexos da Rúa, Piñor, Castelo, Ortoño, Mirás e Cruxeiras.

  • Idade Media
    Desde o século IX a Amaía aparece documentada como xurisdición e no século XII identificaba xa un arciprestádego dependente de Compostela. Nos séculos finais da Idade Media comarca foi escenario dunha dura desputa entre a mitra compostelana e a liñaxe dos Moscoso ao tempo que se afianzaban as rutas xacobeas polas terras de Ames.

  • Idade Moderna
    Durante o Antigo Réxime as parroquias que componen o actual Concello de Ames estaban distribuídas entre as xurisdicións de Altamira, Dubra, Amaía e o Xiro da Rocha, pertencentes as catro á provincia de Santiago. Na xurisdición de Altamira estaban integradas as parroquias de Agrón, Bugallido, Lens, Ortoño e Trasmonte. O marqués de Alcañizas tiña o señorío sobre a xurisdición de Dubra que incluía as parroquias amienses de Piñeiro e Tapia. Ao arcebispo de Santiago tiña potestade sobre as xurisdicións de Amaía e Xiro da Rocha, a primeira abranguía as parroquias de Ames e Covas e a segunda as de Ameixenda e Biduído.

  • Idade Contemporánea
    Reparase en tres feitos históricos que terán lugar en Ames durante os séculos XIX e XX: a súa institucionalización como concello en 1835; a estadía de Rosalía de Castro en Ortoño e a creación do Seminario de Estudos Galegos en 1923.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925