Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Descúbrenos Transportes


Transportes

Pode achegarse a Ames por estrada, pero tamén ten preto unha estación de tren e mais un aeroporto con conexións aéreas internacionais.

COCHE

Se vai ir a Ames en coche pode calcular a súa ruta e obter información adicional na Guía Interactiva Campsa.

AUTOBÚS

Autobús Hai distintas empresas de transporte de pasaxeiros que teñen liñas que pasan polo termo municipal de Ames. Desde outubro de 2006, Ames forma parte do Transporte Metropolitano de Santiago, no que se integraron todas as compañías de autobuses que operan no noso concello. Picando na ligazón, pode obterse unha completa táboa de prezos para os distintos traxectos. Nese mesmo espazo web tamén se poden consultar os horarios, e tamén os itinerarios, que se viron modificados coa sinatura do Plan de Transporte Comarcal de Santiago.

As compañía Hermanos Ferrín e Monbús explotan conxuntamente a liña de transporte interurbano entre Santiago de Compostela e Bertamiráns. Os autobuses saen da rúa da Rosa, en Santiago de Compostela, e realizan unha parada para recoller pasaxeiros no Camiño Novo-Rúa Mestre Mateo, a carón do Campus Universitario Sur. En sentido inverso parten da Gándara e realizan distintas paradas, en Bertamiráns, na avenida da Amaía, e ao pé da urbanización Aldea Nova para recoller pasaxeiros.

A liña da Gándara-Bertamiráns-Santiago que cobre Castromil-Hermanos Ferrín, con paradas no Camiño Novo (Mestre Mateo) e na rúa da Rosa, parten cada media hora do cruce da Gándara ás 7:15 e ata as 21:15 e de Santiago ás 7:45 e ata as 21:45 horas. Así, a frecuencia de saídas prodúcese nas horas e cuarto e nas horas menos cuarto.

Hermanos Ferrín atende a ruta a Negreira e Muxia que pasa por Bertamiráns. Os autobuses saen da Estación de Autobuses de Santiago e realizan paradas no casco urbano de Compostela para recoller pasaxeiros na avenida de Lugo, preto da Estación de RENFE, e no Camiño Novo- Rúa Mestre Mateo, a carón do Campus Universitario Sur.

A liña que cobre Castromil: Santiago-Noia-Muros pasa por Bertamiráns, de luns a venres a cada hora, dende as 7.45 ata as 21.45; os sábados o horario é de 10.45 a 20. 45 (agás no verán) e os domingos non hai parada en Bertamiráns.

Os autobuses de Castromil que fan a liña Santiago-Vigo fan parada no Milladoiro. En días laborabeis saen ás 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 15, 16.30, 18, 19, 20 e 21 horas con saída da Estación de Autobuses de Santiago de Compostela.

Autobuses de Calo realiza o servizo de transporte entre Santiago e O Milladoiro, Firminstáns e Biduído.
Saídas desde a rúa da Rosa en Santiago de Compostela.
Santiago-Milladoiro. Horario: Laborables cada 15 minutos desde as 7 da mañá até as 21.30 h. Servizos especiais ás 22 e 22.30 h. Sábados: 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 16.30, 18, 19, 20, 21.30, 22.30, 23.15. Domingos e festivos: 10, 11, 12, 14, 16.30, 18, 19, 20, 21.30, 22.30, 23.15.
Santiago-Firminstáns. Horario: Laborables: cada quince minutos desde as 7 ás 22.30 h. Sábados: 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 18, 19, 20, 22.30, 23.15. Domingos e festivos: 10, 11, 12, 14, 18, 19, 20, 22.30, 23.15.
Santiago-Biduído: Laborabeis: cada hora desde as 8.15 ate as 21.15.
Saídas da Estación de Autobuses.
Santiago-O Milladoiro. Horario: 8.30, 13.30, 18.10, 20.10.

Autobuses de Calo realiza a liña que une os dous principais núcleo urbanos de Ames: Bertamiráns e O Milladoiro.
De luns a venres
O Milladoiro-Bertamiráns: 10:00, 11:45 e 17:30. Detense nas tres paradas establecidas no Milladoiro e pasa por Biduído, Coira, Costoia e Bertamiráns ata a parada da Casa da Cultura.
Bertamiráns-O Milladoiro: 11:00, 12:15, 19:00. Fai o mesmo percorrido pero á inversa.

A empresa Arriva presta servizos de Compostela a Santa Comba que pasan pola parroquia de Ameixenda. Os autobuses saen da Estación de Autobuses de Compostela.

Para máis información sobre os servizos de transporte pode contactar coas empresas Hermanos Ferrín no teléfono 981 577 842; Castromil no teléfono 981 555 760; TRAPSA no teléfono 981 580 454 e Autobuses de Calo no teléfono 981 548 581. Máis información no teléfono da Estación de Autobuses de Santiago de Compostela.

Avión

Lavacolla, o aeroporto de Santiago de Compostela, está a 15 Km. de Bertamiráns e a 11Km. do Milladoiro. Lavacolla recibe voos nacionais e internacionais con carácter diario.

Pode obter información sobre as compañías que operan nel e as rutas que cobren na web de Aeroportos Españois e Navegación Aérea -AENA-.

Tren

Santiago de Compostela ten conexión diarias coa Coruña, Vigo, Ourense, Madrid e Bilbao. Para máis información sobre os seus horarios pode chamar ao teléfono 902 240 202.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925