Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O alumnado da Escola...


O alumnado da Escola Infantil O Bosque participou na quincena dos animais

[04-03-2013] Durante a segunda quincena do mes de febreiro a programación de actividades educativas que se levaron a cabo na escola infantil do Bosque centrouse na temática dos animais. Ademais de todas as actividades que se fixeron na aula relacionadas co tema dos animais (domésticos e salvaxes), organizaron dúas actividades moi entretidas e divertidas. Nunha delas tamén participaron os pais e nais dos nenos/as. Primeiro levouse a cabo unha actividades sobre as mascotas, na que os rapaces e rapazas puideron ir á escola acompañados da súa mascota. Posteriormente, participaron nunha excursión á escola ecuestre La Croupe.

Os nenos e nenas de entre 2 e 3 anos de idade da Escola Infantil O Bosque de Bertamiráns coñeceron unha granxa como complemento do traballo de aprendizaxe sobre os animais que levaron a cabo estes días na escola. A escola ecuestre La Croupe acolleu a 60 alumnos/as con moitas ganas de aprender e divertirse vendo todo tipo de animais como mapaches, tartarugas, llamas, cabalos, vacas, cans monos, etc. Esta visita foi posible xa que a nai dun alumno da escola infantil O Bosque é a propietaria deste centro ecuestre.

Ademais, os traballadores explicáronlle aos nenos/as como se coidan estes animais, o que lle botan de comer, as súas costume... Os cativos/as puideron tocalos e gozar dunha xornada moi instrutiva e lúdica. Despois da visita os nenos e nenas fixeron un descanso para comer unhas galletas e beber un pouco de auga co obxectivo repoñer forzas antes de volver para o centro de ensino. Esta visita enmárcase dentro da programación educativa do segundo trimestre. Durante a segunda quincena do mes de febreiro o alumnado desta escola infantil estivo traballando sobre os animais. Primeiro, os nenos e nenas participaron nunha actividade sobre as mascotas. Os rapaces e rapazas acompañados dos seus pais/nais puideron ir á escola coa súa mascota para falarlles dela aos seus compañeiros.

Para completar esta actividade, os nenos e nenas visitaron unha granxa na que puideron gozar o aire libre e ver como viven certos animais, que algúns nenos/as non están acostumados a ver. A Escola infantil O Bosque realiza periodicamente actividades que complementan as unidades didácticas que se tratan nas aulas. Esta excursión, que levou aos nenos e ás nenas á granxa por un día, encádrase dentro desta idea pedagóxica.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925