
[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Ames dixital
Novas
A Policía...
[04-03-2013] A Policía Local de Ames localizou a pasada semana en Bertamiráns un conxunto de xoias de ouro que parecían proceder dun furto. Tras a localización, os axentes abriron as correspondentes dilixencias en colaboración coa Garda Civil do Milladoiro. Froito destas investigacións descubriuse que as xoias (entre as que había pendentes, pulseiras, ou colares) procedían dun roubo rexistrado este mesmo mes no lugar de Portanxil, na parroquia amiense de Trasmonte.
Tras o correspondente recoñecemento das xoias por parte dos seus propietarios, os axentes procederon a súa devolución. A Policía Local e a Garda Civil abriron as correspondentes investigacións para tratar de esclarecer o furto e localizar ao autor ou autores.Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames