
[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Ames dixital
Novas
O alcalde de Ames...
[05-03-2013] O alcalde de Ames, Santiago Amor, requiriulle á empresa que realizou as obras da rúa Anxeriz, no Milladoiro, a toma de mostras in situ co obxectivo de solucionar os desperfectos que se produciron no pavimento. Deste xeito, o venres, 8 de marzo a partir das 9:00 horas, realizaranse os traballos encamiñados a tomar mostras na propia rúa para analizar a resistencia dos materiais empregados nesta obra. O Concello de Ames está levando a cabo as xestións necesarias coa dirección de obra e a empresa adxudicataria das obras de reurbanización da rúa Anxeriz, de cara a determinar e atallar as causas que motivan as deficiencias que presenta actualmente o pavimento.
O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado do edil de Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada, e de técnicos municipais, mantivo nas últimas semanas reunións tanto cos directores de obra como cos responsables da empresa adxudicataria da reurbanización da rúa Anxeriz. O obxectivo destes encontros de traballo foi poñer sobre a mesa o estado actual que presenta esta rúa e analizar as posibles solucións ao deterioro do pavimento, que tantas molestias causa a veciños/as da zona.Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames