Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Xa está en...


Xa está en marcha a execución da segunda fase das obras de pavimentación interior en Lapido

[06-03-2013] A segunda fase das obras de pavimentación interior en Lapido xa está en marcha. Os operarios da empresa Obras y Viales de Galicia traballan na execución destes traballos, nos que se investirán un total de 76.210 euros. Deste xeito, rematarase unha obra que se deixou sen concluír na lexislatura anterior por problemas de financiamento. Trátase duns traballos moi demandados polos veciños e veciñas da zona.

O pasado 27 de decembro, en Xunta de Goberno Local, acordouse adxudicar estes traballos, nos que se investirán un total de 76.210 euros. O contrato coa empresa foi asinado en xaneiro deste ano 2013. Ante as numerosas peticións veciñais, o Concello de Ames decidiu levar a cabo a ampliación do camiño no interior do núcleo de Lapido, de xeito que se unifique cun ancho de 8 metros, tal e como está contemplado no PXOM.

Esta actuación leva asociado o incremento de reposición de peches de formigón nos terreos cedidos polos propietarios e o incremento da superficie a pavimentar con formigón ata os 8 metros de ancho. Tamén se contempla a canalización dos servizos de iluminación e telefónicos, coas correspondentes arquetas. Finalmente, inclúese o traslado de postes e contadores.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, destaca que “o actual Executivo cumpre o compromiso de levar a cabo a finalización destas obras, tal e como se comprometeu cos veciños e veciñas”. Santiago Amor fai fincapé en que “se trata dunha obra de interese público, xa que a pavimentación desta vía facilitará considerablemente o tránsito dos seus usuarios”.

Estas obras están incluídas nun convenio asinado coa Deputación da Coruña, que permitirá a posta en marcha de diferentes traballos que teñen que ver coa mellora de estradas, canalización de pluviais e seguridade viaria en varios puntos do Concello.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925