Inicio
O Concello
Medios en favor dos...
Medios en favor dos grupos políticos
DOTACIÓN DE MEDIOS PARA OS GRUPOS POLÍTICOS Como consecuencia do pleno de organización acordouse a dotación de medios en favor dos grupos municipais que se detalla a seguir:
-Cada grupo municipal recibirá unha achega económica que constará de dúas variables, unha fixa de 150 euros ao mes, e outra variable de 100 euros ao mes por cada membro do grupo municipal.
Ademais, e unicamente os grupos municipais da oposición (PSOE e BNG) contarán cos seguintes medios:
-Persoal de confianza: un /unha auxiliar administrativo/a proposto por cada grupo municipal.
-Un local na casa consistorial de Bertamiráns con mobiliario, ordenador, liña telefónica e conexión a internet.
Este acordo plenario faise público para xeral coñecemento.