Inicio
O Concello
Retribucións do...
Retribucións do goberno e do persoal de confianza
ASIGNACIÓN DE DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS E PARCIAIS
En sesión plenaria de 8 de xullo de 2011 adoptouse acordo sobre o Réxime de dedicacións exclusivas e parciais, co detalle que a continuación se indica:
- Alcalde (dedicación exclusiva): 49.716,66 euros brutos anuais.
- Primeiro Tenente de alcalde (dedicación exclusiva): 44.744,99 euros brutos anuais.
- Concelleiro delegado de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo, Educación, Servizos Complementarios e Xuventude (dedicación parcial): 31.321,49 euros brutos anuais.
NOMEAMENTO DE PERSOAL EVENTUAL DE CONFIANZA Tras as eleccións municipais do 22 de maio de 2011, aprobouse no Pleno de organización da corporación local celebrado o día 8 de xullo á creación de tres postos de traballo de persoal eventual de confianza co seguinte detalle:
Administrativo de gabinete de alcaldía: Número de postos: 2 persoas.
Xornada laboral: a ordinaria do resto do persoal municipal, sen prexuízo da súa especial dispoñibilidade segundo as necesidades de alcaldía.
Retribución: 26.018,86 euros brutos anuais.
Auxiliar administrativo de gabinete de alcaldía: Número de postos: 1 persoa.
Xornada laboral: a ordinaria do resto do persoal municipal sen prexuízo da súa especial dispoñibilidade segundo as necesidades de alcaldía.
Retribución: 19. 498,36 euros brutos anuais.
Este acordo plenario faise público para xeral coñecemento.