Pestanas principais

Datas de realización das probas para a obtención dos certificados CELGA

Martes, 30 abril, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, informa de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publicou no DOG as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4), que foron convocadas mediante a Resolución do 5 de marzo de 2024.

As datas para a realización das probas sona as seguintes:

-Celga 4, en Santiago de Compostela e Ponferrada:

  • 18 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
  • 19 de maio de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

-Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

  • 25 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

  • 26 de maio de 2024, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:

  • 1 de xuño de 2024, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán:

  • En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas (Celga 4, Celga 3 e Celga 2) e a Escola Galega de Administración Pública (Celga 1).
  • En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (Celga 4, Celga 3 e Celga 2).