Pestanas principais

Catro coworkers do espazo colaborativo A Proa participaron este xoves 4 de abril na Feira das Profesións 2024

Xoves, 04 de abril de 2024

Catro coworkers do espazo colaborativo A Proa do Concello de Ames (Rosa Taboada, fotógrafa e produtora audiovisual; Marcos Estévez, enxeñeiro forestal; Natalia Albaredo, arquitecta; e Diego Paz Ouviña, de proxecto Temporit, produtor audiovisual e que fai seguimento audiovisual de obras) participaron na Feira das Profesións 2024, organizado polos departamentos de orientación do IESP de Ames, o IES de Brión e o IES Xulián Magariños de Negreira. O evento organizouse no pavillón deportivo de Brión en horario de mañá e tarde. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, estivo cos coworkers da Proa na Feira das Profesións.

Un curso máis, os departamentos de orientación do IESP de Ames, IES de Brión e IES Xulián Magariños de Negreira celebraron este xoves, 4 de abril, a V Feira das Profesións coa presenza dun importante número de colaborades entre os que contaron coas universidades galegas, CIFP, IES, CFEA, etc., así como con profesionais individuais de diferentes campos que lle achegaron ao alumnado o día a día das súas respectivas ocupacións.

Deste xeito, participaron centros que imparten ensinanzas de FP, centros de formación e experimentación agraria, escolas oficiais de idiomas, universidades e ensinanzas artísticas, entre outros. Tamén asistiron profesionais de distintas áreas que achegaron ao alumnado o día a día das súas respectivas profesións, entre eles profesionais da alfarería, o manexo de drons, a medicina, a arquitectura, ou o deseño.

Charlas e stand dos coworkers da Proa
Catro coworkers do espazo colaborativo A Proa, do Concello de Ames, (Rosa Taboada, fotógrafa e produtora audiovisual; Marcos Estévez, enxeñeiro forestal; Natalia Albaredo, arquitecta; e Diego Paz Ouviña, de proxecto Temporit, produtor audiovisual e que fai seguimento audiovisual de obras) participaron na Feira das Profesións 2024. Os tres primeiros coworkers falaron da súa experiencia emprendedora, mentres que Diego Paz Ouviña ofreceu información nun stand. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, estivo cos coworkers da Proa na Feira das Profesións.

A concelleira de Promoción Económica destacou “a importancia de que profesionais como  Rosa Taboada, Marcos Estévez, Natalia Albaredo e Diego Paz poidan falarlles aos mozos e mozas da súa experiencia profesional e emprendedora, porque seguro que a moitos e moitas delas lles vai a servir na súa toma de decisións educativa e profesional”.

O evento realizouse no pavillón polideportivo de Brión, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas. Durante a mañá o acceso estivo dirixido ao alumnado de 4º de ESO, bacharelato e ciclos dos tres centros educativos. O horario de tarde é de acceso libre para aquelas persoas que se queiran achegarse a informarse sobre os seus intereses profesionais. Ás 18.30 horas realízase o acto de clausura, coa presenza das direccións dos tres centros organizadores e das Corporacións municipais dos Concellos de Ames, Brión e Negreira.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Policía, bomberos y artes, vocaciones preferidas en los institutos de Brión, Negreira y Bertamiráns"

Tres coworkers do espazo colaborativo A Proa participaron este xoves 4 de abril na Feira das Profesións 2024

Multimedia

  • Tres coworkers do espazo colaborativo A Proa participaron este xoves 4 de abril na Feira das Profesións 2024
  • Tres coworkers do espazo colaborativo A Proa participaron este xoves 4 de abril na Feira das Profesións 2024
  • Tres coworkers do espazo colaborativo A Proa participaron este xoves 4 de abril na Feira das Profesións 2024
  • Tres coworkers do espazo colaborativo A Proa participaron este xoves 4 de abril na Feira das Profesións 2024
  • Tres coworkers do espazo colaborativo A Proa participaron este xoves 4 de abril na Feira das Profesións 2024